Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O galego, por debaixo do 50%
Por primeira vez na historia de Galiza desde o século IX, o galego xa non é o idioma habitual da maioría dos seus habitantes. Menos do 50% dos e das galegas ten o galego como lingua cotiá, segundo os dados debullados polo Instituto Galego de Estatística do censo de vivendas e poboación do INE. Non é un informe exhaustivo nin un macroestudio como os da Real Academía Galega cos seus mapas en 1994 ou 2004. Bótanse en falla desgloses por idades, información sobre comprensión lectora no idioma..., mais todos coinciden que amosa unha tendencia (queda de falantes habituais en galego) sobre a que desde hai anos advirten colectivos e entidades que traballan a prol do idioma.

As persoas que falan sempre en galego caeron en 13 puntos entre 2011-2014, pasando do 57 % daquela ao 44% actual. Aumenta o grupo que afirma falar a lingua propia de Galiza "ás veces" (do 30 ao 45%) e os monolingües en español sitúanse no 11%, 2 puntos menos que hai unha década. A Xunta xa mostrou a súa satisfación por estes dados e aproveitou para recuperar as loas ao 'bilingüismo harmónico' fraguiano. Desde o heteroxéneo e amplo abano de defensores do galego a interpretación é ben outra: o idioma váisenos aos poucos das mans e das bocas. Mais cómpre non caer en derrotismos e traballar, porque a situación é reversíbel.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 15-11-2014 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Inexorábel ou Convertíbel?
Se nos deixamos levar polo vitimismo, a lingua galega dexaría de ser unha lingua viva a partir do 2040.

Se nos deixamos lever polo impulso dalgúns colectivos e mozas asociacións, teríamos lingua para todo o século XXI.

De que depende? Dos nosso devanceiros, non. Eles xa nos están a deixar, dos fillos dos nosos devanceiros, tampouco non, eles seguirán falando galego até esa data.

Entón que son os responsábeis? Todos os que votan por partidos e op#blgtk08#cións que non defendan con seriedade e rigor este diario decandentista ou falsamente harmónico.

Daquela de que depende a sobrivencia? Dos mozos e mozas deste país, lede outra vez o Manifesto Máis Alá, de Manuel Antonio, publicado nos anos vinte pero con absoluta contemporaneidade nos días que corren.

Sodes vós, os mozos, os que tedes que reverter a situación e QUE NON DEIXE INDEFENTENTE NUNCA MÁIS a condición de defendermos A LINGUA DE NOSA e protexermos a súa CULTURA E IDENTIDADE milenaria.
Comentario por Master and Commader (16-11-2014 14:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal