Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por que caemos dende grandes alturas en soños?

Unha porcentaxe moi ampla da poboación ten este tipo de soños nos que cae ao baleiro ou dende alturas considerables. Os estudos afirman que máis do 90% da poboación tivo algunha vez este tipo de soños, pero o realmente curioso sería responder á pregunta de por que caemos en soños.

Se botas a vista atrás para tratar de recordar en que momento sucederon estas caídas, decataraste no momento no que empezas a conciliar o sono de que suceden. Nesa primeira fase na que o corpo xa está completamente relaxado e comezamos a perder a consciencia.

Os expertos afirman que isto sucede porque nesta primeira fase do sono hai un desequilibrio entre o sistema vestibular e o sistema cinestésico. O sistema vestibular é o encargado do equilibrio. O sistema cinestésico traballa intimamente ligado ao anterior para asociar a información coas nosas sensacións e movementos.

Nesta primeira fase na que estamos "medio durmidos" é cando ambos os dous sistemas se descompensan e dános a impresión de que imos caer. En moitas ocasións pode ser ata algo problemático porque interrompe as nosas xornadas de descanso.

Estas caídas experiméntanse en maior grao cando nos imos para cama sen antes ter desconectado da rutina, do noso traballo e das nosas responsabilidades cotiás. É esa ansiedade coa que nos deitamos, a que entra en desequilibrio coa relaxación do noso corpo e se traduce nunha caída en sonos. Esta caída actúa como unha alarma de perigo para o noso cerebro, aumentando así os niveis de adrenalina e activando os sentidos.

Para que isto non nos suceda, os expertos recomendan relaxarnos antes de durmir e desconectar da rutina. Unha cea suave e unha ducha quente unhas horas antes de ir para cama son dúas prácticas que nos poden axudar a evitar as caídas en sonos.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal