Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Goberno dotará de máis diñeiro ás comunidades para xustiza gratuíta
O Goberno tratará de emendar os presupostos xerais do Estado no Senado para axudar ás comunidades autónomas a financiar o servizo de xustiza gratuíta que dota as persoas con menos recursos económicos de avogados ou procuradores de oficio e lles aforra as cuantiosas taxas xudiciais, entre outras prestacións.

O Executivo recadou máis de 512 millóns de euros coas taxas xudiciais aprobadas a finais de 2012 co anterior ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, quen o pasado abril afirmou no Congreso dos Deputados que o diñeiro foi destinado "naturalmente" a sufragar os custos da Administración de Xustiza e, de forma "moi especial" o incremento de custo producido pola ampliación da xustiza gratuíta a novos supostos e beneficiarios.

Con todo, a partida de xustiza gratuíta nos presupostos de Xustiza para o próximo ano se situou nos 34,93 millóns de euros, moi lonxe dos centos millóns de euros recadados con este novo gravame, e as comunidades autónomas quéixanse de que teñen que pagar máis diñeiro pola ampliación do servizo de xustiza gratuíta pero a cambio non recibiron "nin un euro" malia a suba das taxas.

LEI DE TAXAS "VINCULADA" CON XUSTIZA GRATUÍTA

E é que a Lei de Taxas Xudiciais evitou falar de "afectación" para falar de "vinculación" e non se comprometer así a destinar a súa recadación directamente ao sistema de xustiza gratuíta. Esta fórmula dota o Estado de maior liberdade para dirixir os seus recursos ás necesidades que poidan ir xurdindo, segundo informaron a Europa Press fontes do PP.

A pesar do desgaste que asumiu o Ministerio de Xustiza coas polémicas taxas xudiciais o certo é que a súa recadación pasa a mans de Facenda ao tratarse dun tributo con motivo do principio de "unidade de caixa" do Estado, aínda que outras fontes recalcan que poderían ser reguladas como unha taxa finalista e así a súa recadación tería que ir a parar si ou si á Administración de Xustiza.

Desta forma, o diñeiro das taxas é xestionado pola Axencia Tributaria e pasan a engrosar os presupostos xerais do Estado como outros tributos. Dende aí, Facenda pasa a distribuír a dotación de cada departamento ministerial. Por exemplo, as contas para políticas de Xustiza incrementáronse un 1% ata situarse nun total de 1.501,75 millóns de euros.

A partir de agora, o ministerio de Rafael Catalá iniciará conversacións co seu homólogo de Facenda, Cristóbal Montoro, para cofinanciar coas comunidades autónomas parte do gasto de xustiza gratuíta. Aínda non se pechou a contía exacta, aínda que esta en ningún caso chegará aos 500 millóns recadados coas taxas, e a fórmula escollida foi a través dunha emenda nos presupostos durante a súa tramitación no Senado.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2014 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal