Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Merkel apela á unidade de Europa no 25 aniversario da caída do Muro
Angela Merkel, cualificou a caída do muro de Berlín, da que onte se celebrou o 25 aniversario de "mensaxe de confianza" para os diferentes focos de crise no mundo, ao tempo que apelou a "unha Europa unida e edificada sobre valores comúns".
"Podemos cambiar as cousas a mellor" dixo durante a inauguración dunha exposición permanente sobre a vida diaria detrás do muro que durante 28 anos dividiu a cidade.

Esta "mensaxe de confianza vai dirixida tanto a Alemaña coma ao resto de Europa e do mundo, onde a liberdade e os dereitos humanos están a ser ameazados e mesmo pisoteados.A caída do muro nos ensinou que os sonos se poden facer realidade, que nada debe permanecer tal e como está, por moi grandes que sexan os obstáculos. A inxustiza non se pode desfacer unha vez cometida. Pódese esquecer ou reprimir, pero para que precisamente non aconteza iso, precisamos lugares para o recordo", subliñou.

Previamente, Merkel asistiu a unha misa en memoria das vítimas na Capela da Reconciliación, situada onde se encontraba a chamada franxa da morte, na Bernauer Strasse.

Antes do oficio relixioso, o chanceler e outros convidados colocaron rosas en recordo das vítimas entre os bloques do antigo muro no centro conmemorativo.

O momento culminante das festividades de foi esa tarde xunto á emblemática Porta de Branderburgo, cando se soltaron ao ceo berlinés os primeiros dun total de 7.000 globos brancos, distribuídos dende este venres ao longo de 15 quilómetros do que foi o trazado do muro.

Cristina Rey Pérez, 4º da ESO .
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2014 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal