Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Toy Story 4
Disney Pixar anunciou nun comunicado que a cuarta parte da célebre saga de animación Toy Story chegará aos cines en xuño de 2017.
John Lasseter, director da primeira parte, volverá exercer esa función nesta nova entrega que abrirá un novo capítulo nas vidas de personaxes como Woody e Buzz Lightyear.

A historia para esta nova entrega foi concibida por Lasseter, Andrew Stanton, Pete Docter e Lee Unkrich. «Amamos estes personaxes. Son como familia para nós. Non queremos facer nada con eles a non ser que sexa tan bo ou mellor que as películas anteriores», dixo Lasseter.

Segundo explicou o director, «Toy Story 3» rematou a historia de Woody e Buzz con Andy -o neno co que xogan- de forma tan perfecta», que durante moito tempo nin sequera se formularon a posibilidade de facer outra película.

«Pero cando a Andrew, Pete, Lee e a min se nos ocorreu esta idea, non podía deixar de pensar nela. É tan excitante que sabía que debiamos facelo e que eu mesmo quería dirixila, manifestou.

Os guionistas Rashida Jones e Will McCormack sumáronse tamén ao proxecto, que conta coa produción de Galyn Susman.

As tres películas da franquía recadaron preto de 2.000 millóns de dólares no despacho de todo o mundo.Tom Hanks e Tim Allen puxeron as súas voces na versión orixinal a Woody e Buzz Lightyear. A fita chegará aos cines o 16 de xuño de 2017.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2014 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal