Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sendeirismo baixo castiñeiros ata o muíño de Buscás
A ruta a San Paio de Outeiro parte da igrexa do patrón dous ósos para conectar cun tramo empedrado do Camiño Inglés.

A 35 quilómetros de Santiago, na parroquia de Buscás (Ordes) empeza esta ruta, duns 8 quilómetros (ida e volta) que transcorre baixo castiñeiros e o curso de auga do Rego do Cabo. É tranquilo, silencioso e ten como obxectivo chegar ata o Muíño de Auga de Trabe, unha construción ben conservada, que mostra ao visitante a súa antiga maquinaria e que presenta un ámbito bucólico, con lousas de pedra para cruzar o caudal da auga.

A un paso de alí, ademais, conéctase co Camiño Inglés. Os peregrinos cruzan unha preciosa ponte de madeira e encontran un camiño de lastras na súa ruta ata Compostela (un pouco máis adiante verán a igrexa de San Xiao de Poulo, con cruces de aspecto precéltico).

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-11-2014 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal