Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DA CAÍDA DO MURO DE BERLÍN.

Será unha longa fin de semana de festas e celebracións. Berlín retornará a ser a capital do mundo. E o será para conmemorar un feito que simboliza moitos a un tempo, todos de importancia para Alemaña, pero tamén para Europa e o mundo. O domingo cúmprense 25 anos de que, o 9 de novembro de 1989, caera o Muro de Berlín por un malentendido final que acelerou o inevitable.

O cuarto de século é quizais o aniversario ideal para celebrar un acontecemento feliz. A maioría dos que o presenciaron están aínda con vida e unha maioría dos celebrantes teñen aquela experiencia na memoria. Ninguén que vivira conscientemente aquel momento pode esquecelo. Porque moi poucas veces prodúcese na historia cataclismos de ventura, tsunamis de ledicia coma os que se viron aquel día, aquela longa noite que seguiu, en que centos de miles de alemáns orientais inundaran o oeste da cidade para experimentar, a maioría por primeira vez na súa vida, a liberdade.

A conmemoración dun feito de semellante importancia histórica ten dificultades e riscos que os organizadores en Berlín semellaron evitar con sobriedade e eficacia. Non hai xefes de estado nin de goberno invitados. Os actos oficiais serán a inauguración por Angela Merkel dun centro de documentación sobre o muro e a represión na RDA, un acto solemne no Konzerthaus na Plaza do Mercado da Gendarmería e a gran festa e concerto na porta de Brandemburgo. Como invitados estranxeiros estarán vellas personalidades protagonistas de aqueles anos, entre eles dous dos responsables de que aquilo pasara como pasou, o ruso Mijail Gorbachov e o polaco Lech Walesa.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-11-2014 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal