Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galego em liberdade

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) promove a campaña ‘Galego em liberdade’, unha iniciativa para “combater a discriminaçom que sofrem as pessoas reintegracionistas”. O detonante da campaña foi a denuncia pública feita polo escritor Vítor Vaqueiro en Sermos Galiza, descalificado nun certame literario por causa da súa escolla normativa, isto é, por considerar o galego algo inseparábel do portugués.

Segundo o presidente da AGAL, Miguel R. Penas, “por desgraça, nom estamos diante de um único caso”. Aseguran que é «umha prática demasiado habitual" e reproban que na Galiza do século XXI continúe a haber certames que discriminen a participación de reintegracionistas só "por puros motivos ideolóxicos". Porén, tamén se dá o caso contrario, sinala Penas, o de "varios prémios que se centram realmente na qualidade literária das propostas e nom na ortografia".

Até o momento, máis de un centenar de persoas apoian publicamente a campaña. Entre os primeiros asinantes destacan escritores como Teresa Moure, Séchu Sende e Carlos Quiroga; o dramaturgo Carlos Santiago; docentes das tres universidades galegas, como Carlos Valcárcel (UVigo), Cilha Lourenço e David Peón (UdC) ou Bernardo Valdês (USC); tamén o fan dirixentes políticos como Néstor Rego e Adrián Dios (BNG) ou Rubén Pérez (EU).

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 09-11-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Parabéns ao AGAL pola sua iniciativa, sempre em defesa desta nossa língua#blgtk08# ! Parece mentira que a estas alturas ainda tenhamos que estar nestas !
Comentario por É-che o que hai (02-12-2014 15:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal