Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O poemario 'O episodio' consegue o primeiro premio no IX certame de poesía erótica en Malpica
O poemario 'O episodio ', escrito por Alberte Moman e Verónica Martínez Delgado, converteuse no gañador da novena anual Certame Poesía Erótica Illas Sisargas de Malpica. O xurado, que a define como "unha obra arriesgada", deu a coñecer o fallo na Cea das Letras celebrada na noite de este sábado na cidade de Buño.

Asimesmo, nesa mesma cea presentáronse as obras premiadas na edición do ano pasado, xa publicadas.
Un dos accésits do 2013 é 'Ode à Madison Ivy e outras cousas de meter' de Verónica Martínez, autora da obra gañadora de este ano. Casualmente, o coautor de 'O episodio', Alberte Momán foi o gañador da segunda edición deste certame.

A concelleira de Cultura de Malpica, Noelia Freijeiro,e o secretario da Asociación Cultural Caldeirón, Paco Souto, foron os encargados de recibir aos aproximadamente 30 invitados e de entregar o premio aos autores da obra galardoada, consistente en 1000€ e duas pezas tradicionais de olería.

O gañador da edición pasada, Ramón Neto, foi un dos participantes na Cea das Letras, e forma parte do grupo Couto Mixto, que se adica á divulgación da cultura galega en Bruxelas, onde vive fai 16 anos.

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-11-2014 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal