Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unicef cifra en 80.000 o número de nenos galegos en risco de pobreza
Son familias de catro membros que ingresan menos de 9.900 euros ao ano.
O informe sobre a pobreza infantil en Occidente (Os nenos da recesión) que deu a coñecer a semana pasada Unicef ten unha lectura galega. Segundo os DATOS que baralla a axencia da ONUdedicada aos nenos, na comunidade hai uns 80.000 menores (algo máis dun de CADA 5) que sofren risco de exclusión social ou, directamente, pobreza, que a entidade denomina «carencia material severa» para non estigmatizar aos menores. A pesar de que os grupos políticos asinaron no 2011 o Pacto Galego pola Infancia,Unicef denuncia que os nenos da comunidade non teñen a protección que deberan por pertencer a un país rico. A directora de Políticas de Infancia en Unicef España, Marta Arias, cre que a clave é precisamente que non haxa un grande acordo como o Pacto deToledo coas pensións: «O sistema de protección social logrou protexer aos maiores de 65 anos pero non á infancia nesta recesión», explicou.

Unicef cifra o albor de risco en función dos ingresos familiares, que non deben superar o 60% da media da comunidade ou país. Iso, no caso de Galicia, supoñería que unha familia de dous adultos e dous menores de 14 anos está en risco de exclusión se vive con menos de 9.907 euros ao ano. Esta cifra débese a que en Galicia o salario medio é de 16.513 euros PARA un grupo familiar de catro membros; en España é un pouco máis, 17.039 euros.
O informe de Unicef recolle outros indicadores sobre o benestar de menores galegos que son significativos. Por exemplo, en case a metade dos fogares onde hai nenos (46,9%) a familia non ten capacidade para facer fronte a un imprevisto, e no 18% das casas hai goteiras, humedades nas paredes ou podremia de marcos de ventás e portas ou en chans. Isto explica, por exemplo, que nos últimos anos se reducise o número de nenos en risco de exclusión que considera o seu estado de saúde excelente ou bo (do 86% do 2006 ao 84,5% do 2010). Ademais, os nenos con baixos albores de renda fan menos exercicio físico ao aire libre que os doutros grupos sociais, así como teñen menos ACTIVIDADES musicais ou teatrais, e carecen de espazo e material propio para o estudo.

Outro DATO inquietante que destaca o traballo de Unicef é que os nenos máis vulnerables tamén sofren máis violencia no seu ámbito social, é dicir, con outros grupos de mozos. Así, o 15% de menores entre 11 e 18 anos declara ter sido golpeado, empurrado, zarandeado ou encerrado no seu colexio/instituto nos dous últimos meses; para os rapaces de clase alta esta porcentaxe baixa o 10, un 50% menos.
A axencia para a infancia da ONU só actúa en países en vías de desenvolvemento ou zonas de conflitos por mandato de Nacións Unidas, así que polo tanto en España non PUEDEintervenir. Pero si pode realizar informes, buscar recursos para os países sen suficiente diñeiro e, sobre todo, xerar un ambiente que favoreza a defensa dos dereitos dos nenos, cuxa convención celebra o día 20 deste mes os seus primeiros 25 anos de vida.

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-11-2014 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal