Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un novo fósil pescado para a ciencia
O fósil enredouselle nas redes cando faenaba sobre un profundo caladeiro ao norte do cabo Ortegal. Cando Benigno Romero tirou da malla soubo que pescara algo extraordinario pero difícil de poxar na lonxa de Cedeira (A Coruña). Cargou coa peza ata a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol onde Ismael Miján, experto en Paleontoloxía, quedou atónito ao ver outro fósil da especie 'Choneziphius leidyi', unha das catro que en 2013 pasaron a engordar o catálogo zoolóxico mundial a partir dunha investigación que el mesmo iniciou co material fósil pescado por erro frente ás costas galegas.

Hai oito exemplares deste mesmo zifio en todo o mundo e seis deles gárdanse no Museo da Natureza de Ferrol. Este último fósil de zifio correspóndese ao cráneo dun cetáceo odontoceto datado no Mioceno, unha das edades xeolóxicas que se remonta uns 20 millóns de anos. É un curman lonxano e prehistórico do golfiño que se caracteriza polo seu fociño pronunciado. Eran grandes mergulladores capaces de viaxar a mil metros de profundidade nas aguas atlánticas da península Ibérica guiados por un potente sonar que lles servía para orientarse e cazar cefalópodos.

A peza, todavía en estudo, pasará a engrosar os fondos do Museo da Natureza de Ferrol, que atesoura unha impresionante colección a partir do traballo voluntario dos seus socios dende 1973 e das aportacións que lles fan chegar os veciños, moitos deles pescadores. Parte dos seus fondos son mostrados ao público que o demanda na antiga Casa do Coronel de Canido, no barrio alto de Ferrol.

O resto da súa colección estase a gardar en baúis porque non teñen nin vitrinas nin demasiadas axudas públicas para expór e manter os seus tesouros naturais nun museo a medio rematar que alberga unha das maiores coleccións de ósos de cetáceos de España.

¿Queremos realmente que estes tesouros permanezan durmidos nun caixón acumulando pó en vez de descifrando respostas?

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal