Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sabes que te poden botar de WhatsApp?
Existen dúas principais razóns polas que WhatsApp, o popular sistema de mensaxería móbil, pode poñerte a cruz e eliminar a túa conta.

A primeira pode darse se varios dos teus contactos deciden bloquearte. Así corres o risco de que a compañía interprete que es un usuario «molesto», e polo tanto, que dun día para outro, deixes de ter acceso aos seus servizos.

O segundo caso máis común polo que WhatsApp podería eliminar a túa conta é que te identifique como un «pesado», alguén que realiza un uso abusivo do servizo, para publicitar un negocio ou calquera idea, con ou sen ánimo de lucro, pero con brocha gorda. Noutras palabras, que aproveites a súa canle para spamear (enviar mensaxes lixo) a todos os teus contactos.

O diario madrileño "El Mundo" destaca o caso de Carlos, que para aforrarse un diñeiro decidiu enviar os convites de voda por WhatsApp, a compañía os identificou como envío masivo sen xustificar e decidiu sacar a tarxeta vermella.

WhatsApp, a compañía comprada por Facebook a cambio de 17.000 millóns de euros, segue refinándose e, temerosa ante o nacemento dunha morea de imitadores, ata o momento sen moito éxito, busca o perfeccionamento. Para iso tomou boa nota dos motivos polos que a xente escapou doutras plataformas. Neste caso parece que a inspiración veu das terroríficas mensaxes en cadea que se amontoaban sen tregua na bandexa de entrada do correo electrónico. Compañías como Hotmail pensaron que solucionarían o asunto creando departamentos especiais para clasificar automaticamente este tipo de mensaxes, pero algún sempre se acaba coando na caixa de correo. WhatsApp declarou a guerra a este tipo de prácticas. A eliminación da conta non permite a creación dunha nova asociada ao mesmo número de teléfono, polo que para seguir contando co servizo o afectado tería que cambiar de número de teléfono móbil, con todos os trastornos e gastos que isto supón. Pero coa implantación que logrou WhatsApp nos últimos anos, en moitos ámbitos converteuse nunha ferramenta imprescindible. A vida social e profesional podería verse moi afectada. Todo un desterro virtual.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal