Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A historia de como se escribiron os libros
O escritor e profesor Santiago Posteguillo volve ás librarías cun novo título, histórico e moi curioso. En "La sangre de los libros" cóntanos as historias secretas e máis sorprendentes dos grandes títulos e autores da historia.

A historia da literatura é tamén a historia das súas obras. Da súa orixe, de como e por que foron concibidas e do proceso que desembocou na súa publicación. O seu último libro rende homenaxe a textos, algúns perdidos e rescatados moito tempo despois, e a algunhas das pasaxes memorables que fixeron pasar á Historia aos seus autores. Posteguillo mira ao pasado dun xeito distinto e achega ao lector aos segredos de escritores universais, custodiados polo tempo ou as circunstancias, e que en ocasións desvelan os motivos que explican o porqué das súas obras máis famosas.

Víctor Hugo, Espronceda, Lope de Vega, Isaac Asimov, Bram Stoker ou Petrarca son algúns dos autores retratados en "La sangre de los libros", pero non son os únicos. Por exemplo, sabías que a Divina Comedia de Dante puido publicarse porque os seus fillos lograron descubrir onde ocultara o seu pai os 13 últimos cantos?

"A boa literatura de verdade, a que nos fai palpitar, a que nos emociona e nos transporta a outros mundos, a que nos parece máis real que a realidade mesma é a que está escrita, palabra a palabra, verso a verso, páxina a páxina, con sangue nas tempas, nas mans e na alma", afirma o propio autor no prólogo da obra. Deixémonos emocionar e entendamos os grandes escritores históricos da man de Posteguillo.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal