Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O único rival es ti mesmo
A moitas persoas gústalles o ciclismo, pero os que o ven dende outra óptica, tal como unha forma de vida, son os que en realidade chegan a coñecer toda a magnitude que esta paixón leva consigo. Podo falar deste tema en primeira persoa, e orgullosa dicir o gratificante que é ver como alguén vive por e para o ciclismo e practica este deporte tan duro como desesperante, no que hai que ser paciente e ter cabeza, non soamente pernas. A cabeza fai falta non só para aguantar o casco senón para facerte ver unha escapada que te leve ao triunfo. Un deporte considerado como unha forma de vida para moitos, o deporte de máis orgullo persoal, no que as caídas forman parte do oficio, clavículas, puntos de sutura, rozaduras e xeonllos maltreitos son o pan de cada día; é o amor polo deporte, pola bici, polo sacrificio.

Para ser ciclista non necesariamente tense que practicar de xeito profesional. Para moitos, o ciclismo hoxe en día non é só unha afección, deporte ou moda, é máis ben unha forma de vivir diferente, a cal algúns non logran entender. Ser ciclista vai moito máis alá do simple feito de montar en bici; é involucrala en todo o que fas e o que te rodea, chegando a converterse nun complemento da túa vida.

Estes heroes dos pedais conseguen pórme os pelos de punta e ver a clara diferenza que ten con outros deportes nos que se para o partido por un esvarón. Un esvarón no ciclismo significa levantarse e ter que rodar máis rápido porque ninguén espera por ti.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal