Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os beneficios de errar
Dende cativos intentan eliminar o erro das nosas posibilidades, pois ben, un estudo recente publicado en “Journal of Experimental Psychology” asegura que errar é unha práctica divina para a nosa memoria porque axuda a recordar. A autora do traballo, Andrée Ann Cyr, unha moza psicóloga da Universidade de Toronto, centrou a súa carreira en descubrir se cometer erros durante a aprendizaxe axuda ou prexudica á memoria entre os adultos.

Xa en 2012 publicou unha investigación que causou sorpresa, porque comprobou que é máis doado aprender se a información non se ofrece moi claramente e hai que facer un esforzo por adquirila, aínda que de paso supoña cometer erros. Ademais concluía que esa forma de incrementar os coñecementos é precisamente o mellor adestramento para o cerebro das persoas maiores.

Neste último traballo, Cyr proporciona novas evidencias de que a aprendizaxe por "ensaio e erro" é o máis eficaz para recordar despois a información. Algo que funciona en todas as idades, sempre que os erros estean na liña da resposta correcta.

Así que aprendamos a errar!

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal