Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OLLO COAS REDES!!
Só un de cada tres pais comproba o perfil que teñen os seus fillos nas redes sociais, que seguidores teñen ou en cantos grupos de whatsapp están incluídos, uns datos que paradoxalmente contrastan con que o que máis preocupa aos proxenitores é que os seus fillos contacten en Internet con estraños. Estes son algúns dos datos da primeira enquisa elaborada polo Ministerio de Interior sobre hábitos de uso e seguridade de menores de entre 10 e 17 anos, presentada onte polo secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, no que tamén se revela que case un 60 por cento dos menores de idade se conecta a Internet todos os días sendo o uso habitual entre unha e dous horas diarias.

Da enquisa, dividida en dous cuestionarios -un a pais con fillos de entre 10 e 17 anos e outro aos propios menores-, Martínez destaca que os primeiros confían na súa maioría no uso que os seus fillos fan de Internet. De feito, máis da metade autoriza sen problemas a que os nenos naveguen por Internet en calquera momento.

Iso si, un 62 por cento comproba as páxinas que visitan os seus fillos e un 54 por cento fala con eles sobre os riscos. Con todo, pouco máis dun terzo comproba o perfil que ten o seu fillo nas redes sociais, fronte á preocupación de que estraños poidan contactar cos seus pequenos e que poidan cometer delitos contra eles.

Está claro que hoxe en día son moitos rapaces pequenos os que xa contan con contas nas redes sociais e, ás veces, son idades demasiado temperás para navegar por ditas redes xa que non son tan conscientes como deberían de ser ao falar con xente que nin sequera coñecen, eles e xente de outras idades máis avanzadas; e na actualidade mediante as tecnoloxías tan avantaxadas que hai, é moi fácil chegar a casos preocupantes. Polo que hai que ter moito coidado con ditas redes e controlar o que se fai, comunicándose cos que de verdade coñeces.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-10-2014 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal