Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sanciónase o exceso de anuncios.
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) abriu catro expedientes sancionadores a Mediaset e Atresmedia, dous deles por superar o límite de tempo de emisión dedicado a mensaxes publicitarias e de televenda reguladas na lei.En concreto, Mediaset, nas súas canles Telecinco, Cuatro e FDF, e Atresmedia, en La Sexta, puideron vulnerar o disposto no artigo 14.1 da Lei Xeral da Comunicación Audiovisual, segundo a CNMC.Estes feitos poderían supoñer infraccións administrativas de carácter leve, que levarían consigo sancións de ata 100.000 euros.

Os outros dous expedientes sancionadores abertos refírense tamén ao incumprimento do devandito artigo desa lei polas interrupcións publicitarias nalgúns programas, sen respectar a integridade destes, de maneira que se prexudican os intereses dos telespectadores.

Neste caso, afecta ás canles Divinity e Energy, de Mediaset, e Neox e Nova, de Atresmedia. Estes feitos poderían incorrer en infraccións administrativas de carácter grave, que supoñerían sancións de entre 100.001 e 500.000 euros.
Aínda que a apertura destes expedientes non prexulga o resultado final da investigación, cabe a interposición de recurso administrativo contra eles.

Iníciase así un período máximo de 6 meses para a instrución do expediente e para a súa resolución.

Os operadores teñen 15 días para presentar alegacións e poden recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2014 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal