Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Utilizan células nai para crear miniestómagos.
Este estudo, grazas ás células nai, conseguiu identificar un método para facer crecer tecidos do estómago humano en tres dimensión in vitro a partir de células nai, capaces de xerar a maioría de tecidos.

Xeráronse estómagos en miniatura por un grupo de investigadores estadounidenses, a partir de células nai pluripotentes para poder estudar as enfermidades gástricas. Os expertos crearon ese método ao considerar que os modelos animais non son 'os ideais' para o estudo destas enfermidades debido ás súas diferenzas de anatomía, polo que se fai necesaria a investigación con tecidos gástricos humanos.

"Estamos a xerar 'miniestómagos' en tres dimensións, de aproximadamente tres milímetros de diámetro, que son similares ao estómago en canto á arquitectura e a funcionalidade. Este innovador método permite que o desenvolvemento destes epitelios evolucione en paralelo ao crecemento normal do estómago vivo.

As enfermidades do estómago están no 50% dos casos provocadas por unha infección crónica cunha bacteria chamada Helicobacter pylori. Esa bacteria é o principal patóxeno do estómago e a primeira causa que provoca a evolución da úlcera péptica e o cancro gástrico. Ese tecido gástrico humano (os "miniestómagos") utilizarase "para descubrir novas maneiras de bloquear os efectos nocivos desta bacteria, o que permitiría reducir o número de persoas afectadas pola enfermidade gástrica que provoca a Helicobacter pylori".

Ademais deste avance, os investigadores están tamén interesados en identificar fármacos que poidan previr a infección e os síntomas da úlcera péptica provocada por esta bacteria.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2014 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal