Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESTÁPASE UNHA NOVA TRAMA DE CORRUPCIÓN INFILTRADA EN CONCELLOS E COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Coñecida como operación Púnica, nela foron detidos o ex conselleiro madrileño Francisco Granados e o presidente da Deputación de León, Marcos Martínez, ademáis doutras 50 persoas, todas elas acusadas de formar parte dunha trama de corrupción municipal e rexional que cobraba comisións ilegais pola adxudicación de obras e servizos.

Só nos dous últimos anos esta trama de corrupción municipal e rexional, que operaba principalmente en Madrid, Murcia, León e Valencia, teríase adxudicado contratacións por valor de 250 millóns de euros. Lograban contratos públicos de edís municipais e funcionarios, empresarios da construción e de empresas de servizos enerxéticos.

Foi en xaneiro cando se iniciou a operación despois de que a Audiencia Nacional recibira unha comisión rogatoria das autoridades suízas por sospeitas graves de branqueo.

Este foi a orixe das pescudas da Fiscalía en coordinación con Axencia Tributaria e Intervención Xeral do Estado (IAG) e a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2014 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal