Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O medo aos pallasos esténdese por Francia
A aparición de persoas disfrazadas de pallasos e armadas en varias localidades de Francia xerou unha especie de psicose nacional que levou a intervir ás autoridades, que adverten das consecuencias ás que poderían enfrontarse quen, aparentemente, só quere gastar unha broma e provocar algún que outro susto.

O 10 de outubro, un adolescente disfrazado de pallaso e cun coitelo de plástico paseouse polas rúas de Périguex, no centro de Francia, para «gastar unha broma». Sen embargo, o que comenzou coma un xogo rematou por estenderse a outras localidades en forma de agresión e ameazas e, durante a fin de semana, rexistráronse varios casos no sur do país.

Un mozo xa foi condeado a seis meses de cárcere por sumarse a esta macabra moda en Douvrin, mentras que en Agde catorce adolescentes disfrazados foron detidos o sábado por pasearse armados xunto a un instituto. En Montpellier, un home foi golpeado 30 veces cunha barra de ferro por un pallaso e outras dúas persoas que querían atracarlo.

A Policía difundiu un comunicado o 24 de outubro nas redes sociais para reprochar os comportamentos «daninos» e os «problemas de orde pública» xerados nas últimas semanas. As autoridades recordaron que portar un arma na vía pública é un delito castigado con penas de prisión e insistiron á poboación a denunciar cualquera actividade sospeitosa.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2014 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal