Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha exposición na Cidade da Cultura para conmemorar os 25 anos de cine galego‏
Fotograma de Sempre Xonxa
Cinegalicia25 é o título da exposición que tamén no outono abrirase na Cidade da Cultura para conmemorar o vintecinco aniversario da estrea das que están consideradas as tres primeiras longametraxes de ficción galega. O comisario será o crítico e estudoso do cinema galego Miguel Anxo Fernández.

En 1989, entre o 23 e 26 de novembro, estreábanse en Vigo as películas Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal. A mostra Cinegalicia25 abrirase para conmemorar a data no terceiro andar do Museo Centro Gaiás. Ofrecerá un percorrido sobre o audiovisual galego neste cuarto de século ademais de prometer unha mirada cara atrás, até as primeiras proxeccións do cinematógrafo de 1896.

A mostra artellarase en cinco seccións, “Cine galego” tratará as longametraxes, “Rodado en Galicia” os filmes que teñen a nos aterra como escenario, “Ficcións televisivas”, as producións propias da TVG, “25 pezas máis...” como un achegamento a outros formatos como a animación ou o documental e “Cine de papel” para os estudos, investigacións e teorías arredor do audiovisual elaboradas desde Galiza.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-10-2014 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal