Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A opinión é túa, pero a vida é miña
“Non vivas para que a túa presenza se note, vive para que a túa ausencia se sinta”. Está é unha das oracións que Bob Marley lle deixou ao mundo ao igual que un longo número de cancións, acordes e unha forza que axudou a difundir tanto a música de Xamaica como o movemento rastafari.

O artista xamaicano, máximo expoñente da música reggae, conseguiu traspasar todas as barreiras musicais e converterse nunha icona mundial na loita en favor dos desfavorecidos e, ademais, nun rotundo líder espiritual para os seguidores da súa relixión, a rastafari.

Bob Marley tivo que soportar burlas e desprezos por parte de negros xamaicanos pola súa condición de mulato. Pero despois Bob demostrouse indiferente a eses desaires e dicía non se avergonzar da súa mestura racial; aínda que el se identificaba simplemente como negro e esa foi a única parte da súa herdanza racial pola que demostrou interese. No tocante a esta parte da súa vida Bob Marley comenta: “as guerras seguirán mentres a cor da pel siga sendo máis importante que a cor dos ollos”.

Nunha sociedade como a de hoxe na que cada vez estamos máis deshumanizados, probablemente precisaríamos alguén que nos fixera ver os pequenos detalles, que nos devolva as ganas de loitar, que nos aporte ese chisco de forza que precisamos para seguir cara adiante e que nos axudase a darnos conta que “non todo o que reloce é ouro”.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal