Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Levantemos a cabeza
Aínda sen abrir os ollos estendemos o brazo para acadar o noso smartphone e así damos por empezado o noso día. Algunha vez nos paramos a contar cantas veces o miramos ao longo do día? Cantas horas ao día lle adicamos?

Estudamos ao lado do móbil, é a única cousa que non se nos esquece ao saír da casa, entramos en pánico se non o atopamos no fondo do bolso, adiantamos a hora de chegada á casa se a batería do mesmo se acaba, reunímonos cos amigos e sempre estamos a falar con outros que non son os que temos ao lado mediante a mensaxería instantánea pensando que así estamos en máis lugares á vez cando o único que logramos é non estar realmente en ningún…

Cando escoitamos unha noticia que fala da adición ás novas tecnoloxías pensamos que non nos abrangue, pero Marc Masip, director da asociación Desconect@, afirma que «se tomas unha cervexa ao día non tes por que ser alcohólico, pero se non podes pasar un día sen esa cervexa é posible que teñas un problema. Isto é, exactamente, o que sucede coas novas tecnoloxías».

E se probamos a levantar a cabeza? A sentirnos guapos por cantos sorrisos recibimos ao longo do día e non polos “gústame” que acadou a nosa foto?

Premede no enlace da dereita para ver o vídeo.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
VER VÍDEO
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal