Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Womex, a maior feira de "world music", atrae bandas e programadores de medio mundo
Cheo en moitos hoteis da capital galega pola chegada de máis de 2.600 persoas // O certame estará dedicado este ano á música iberoamericana

Womex, considerada a maior feira internacional de profesionais da denominada "world music", incluídos sons tradicionais e de fusión, celebrará a partir deste mércores en Santiago de Compostela a súa vixésima edición con bandas e programadores de medio mundo.

Moitos hoteis da capital galega atópanse desde hai varios días coas reservas esgotadas debido ao festival que espera reunir até o domingo a máis de 2.600 persoas, incluídos novos músicos e profesionais da programación de diversos continentes.

O certame, que no últimos vinte anos celebrouse en diversas cidades europeas, a última delas en Cardiff (Reino Unido), estará dedicado este ano á "música iberoamericana", comentou un dos responsables da organización, Antón Martínez.

Experto en contratación de artistas españois e latinos, Martínez indicou nunha conversación telefónica con Efe que medio centenar de bandas e artistas foron seleccionados para participar nesta edición, dun total de 900 aspirantes, e recoñeceu que este ano non hai estadounidenses ou canadenses, aínda que si mexicanos, porque "foron os máis interesantes de Norteamérica"

O Womex, que atrae anualmente por centos de responsables de contratación de espectáculos de entidades públicas e privadas de varios países, está considerado como o máis relevante mercado de artistas de "world music", que inclúe música étnica, tradicional, folk ou de fusión con ritmos máis modernos como hip hop.

Martínez subliñou que cando Womex (das súas siglas en inglés de exhibición de músicas do mundo) celebrouse por primeira vez en Berlín en 1994 e os concertos eran de "ritmos tradicionais ou de raíces", pero desde entón houbo unha evolución con tendencias como a "nova cumbia", as "fusións con hip hop", a denominada "música mestiza" e "a salsa caribeña, que está con moito auxe".

A filosofía de Womex, que anualmente se celebra nunha cidade europea diferente, é ofrecer enfoques diferentes con "sabor e colorido local e rexional", subliñou Martínez, un dos membros do xurado que seleccionou aos grupos participantes, entre os que figuran os galegos Mercedes Peón e Xabier Díaz, que hoxe estiveron ensaiando; o canario Germán López, o madrileño Jorge Pardo e os vascos Oreka TX.

Así mesmo, participan artistas e grupos de Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Polonia, Hungría, Dinamarca, Estonia, Suecia, Finlandia, Noruega, Rusia ou a antiga república de Macedonia.

Tamén figuran como invitados grupos de Curaçao, Cuba, México, Honduras, Colombia, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Marrocos, Alxeria, Guinea Conakry, Camerún, a República Democrática do Congo, Angola Sudáfrica, Etiopía, Exipto, Israel, Iraq, India, Malaisia, China, Corea do Sur e Australia.

Á feira concorren 800 programadores musicais, máis de 500 editores e distribuidores, e máis de 300 xornalistas especializados e 130 emisoras de radio de preto dun centenar de países, que poderían deixar entre 2,5 e 3 millóns de euros na capital galega, segundo cálculos da organización.

O director de Womex, Alex Walter, evocou recentemente as dificultades que atopan algúns dos músicos de países en desenvolvemento para conseguir visados de acceso a Europa.

A propagación do virus do ébola podería complicar o labor dalgúns músicos como Sékouba Bambino, de Guinea Conakry -un do tres países máis afectados de África-, aínda que como reside en Francia non prevé ter dificultades para participar, indicaron os organizadores.

Martínez recoñeceu que cando comezou a estenderse a enfermidade, houbo preocupación" na organización de Womex de que iso dificultase o labor, pero asegurou que non foi así e que, afortunadamente, este ano "conseguimos todos os visados" e a pesar dunha folga da compañía alemá Lufthansa, "non detectamos ningún problema" e "todos os artistas están a bordo" para participar en Compostela.

O festival, que o ano pasado premiou ao grupo cubano Vanos Van co Womex Award, prevé atribuír este ano o galardón á portuguesa Marisa Segala. EFE.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal