Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O MALO DA SOBREPROTECCIÓN:
Moitos pais cren que a mellor forma de educar aos seus fillos é a través da sobreprotección. Non obstante, a psicóloga infantil Silvia Álava Reyes manifestou no seu recente libro 'Queremos fillos felices. O que nunca vos ensinaron.' que os nenos que reciben ese modelo de educación desenvolven menos competencias emocionais, como a tolerancia, son máis inseguros, teñen menos habilidades, e é máis probable que sexan vítimas de acoso e co tempo son máis infelices.

"Os pais a miúdo cometen o erro de asumir parte da responsabilidade dos seus fillos, resólvenlles todos os problemas e non lles deixan facer as cousas que xa están preparados para facer, o que dá lugar á perda de autonomía do neno," agregou a psicóloga en declaracións a Europa Press.

O libro abrangue a franxa de idade comprendida ata os seis anos. "Os primeiros anos na vida dos nenos son fundamentais, tanto para o seu posterior desenvolvemento cognitivo, como na parte emocional,". Polo tanto, a intelixencia emocional dos fillos hai que traballala dende que son "moi pequenos".

Dende o meu punto de vista, todos os pais teñen que educar aos seus fillos a súa maneira, pero sempre dentro duns parámetros; de feito, estou de acordo co que a psicóloga Silvia Álava Reyes conta xa que, chegada unha idade creo que todos os rapaces deberiamos comezar a valernos por nós mesmos e non estar tan protexidos polos nosos pais. Así, nun futuro, todos poderemos solucionar sós os problemas que teñamos e que non teñan que estar eles detrás dándonos as indicacións apropiadas. Deste xeito, seremos sempre máis seguros e poderemos tomar as nosas propias decisións.

Con isto eu non quero dicir que os pais non teñan que educar e controlar os actos dos seus fillos, que iso está máis que claro que ten que ser así, pero chegados unha idade, en certos casos, hai que ser menos protectores.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal