Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inventan unha máquina que podería obter do aire 5.000 litros de auga potable ao día.

Este invento que capta a humidade do aire e a converte en auga empezou a usarse no estado de Sao Paolo, Brasil.
O inventor, Pedro Ricardo Paulino, empezou en 2010 co seu proxecto 'wateair' e agora 200 unidades das súas máquinas úsanse xa no estado brasileiro de Sao Paolo, que intenta aliviar así a súa crise hídrica. A súa máquina é capaz de xerar ata 5.000 litros de auga potable ao día, informa Efe.

A máquina funciona a través da condensación de aire, que permite captar a auga presente na humidade do aire grazas a un "equipamento de alta eficacia". Unha vez filtrada, á auga engádese calcio, magnesio, potasio e silicio para que sexa potable. "Todo o que necesita a máquina para funcionar é unha fonte de enerxía eléctrica e unha humidade do aire superior ao 10% (recomendación mínima da OMS)”.

O invento ten dúas versións, unha que obtén 15 litros ao día, mentres que a outra é capaz de xerar 5.000 litros por xornada. A pequena (o seu tamaño é como o da típica máquina para filtrar auga) custa aproximadamente 3.000 dólares, mentres que a outra versión, cuxo volume é comparable ao colector dun avión, custa 160.000 dólares, segundo o seu inventor. "Un dos nosos retos é lograr reducir os custos. Para iso estamos a traballar en mellorar a eficiencia dos nosos equipamentos e a eficiencia enerxética", sinalou o enxeñeiro.

Comunícase que un país de Oriente Medio fixo unha petición para substituír co seu sistema unha turbina de desalinización de auga.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal