Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O nacemento de internet e a súa importancia.
O nacemento de Internet foi o acontecemento máis relevante da década dos noventa, segundo un estudo realizado por National Geographic que deu lugar ás novas miniseries Os 90: a década que nos conectou e O mellor dos 90, un repaso aos feitos e protagonistas dunha época na que o máis relevante foi a expansión das comunicacións.

Famosos, políticos, músicos e personalidades de todo tipo, como Courtney Love, Vanilla Ice, Jerry Springer, Colin Powell ou Tonya Harding, entre outros, reflectirán os inventos, tendencias e decisións que deron forma aos anos noventa. Foron anos nos que comezaron a triunfar na televisión os programas de telerrealidade, concluíu a Guerra Fría entre Estados Unidos e a antiga Unión Soviética liderada por Mijail Gorbachov, galardoado co premio Nobel de la Paz en 1990. Ademais a tecnoloxía entrou na vida de persoas cunha forza inusitada, como mostra un estudo para National Geographic Channel elaborado por The Cocktail Analysis con base nunha enquisa en liña realizada a internautas españois habituais de entre 30 e 50 anos.

O estudo mostra que a década dos 90 se caracterizou polo crecemento das comunicacións e a conectividade: para o 54% dos enquisados, o maior acontecemento daqueles anos foi o nacemento de Internet e o comezo do seu uso de forma xeralizada, seguido, a continuación, polo inicio do emprego dos teléfonos móbiles, cun 41 %. Séguenlle acontecementos sociopolíticos como a abolición do réxime do apartheid en Sudáfrica (25%), Maastricht (20%) ou a desintegración da Unión Soviética (16%), disolta oficialmente o 25 de decembro de 1991.

Martin Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal