Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Saber moito vocabulario protexe contra o dano cerebral
Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (España) levou a cabo un estudo para descubrir que indicadores inflúen en mellorar a reserva cognitiva, isto é, a capacidade cognitiva e intelectual que unha persoa acumula ao longo da súa vida mediante coñecementos académicos, culturais, lectura, idiomas, pasatempos... que levan a compensar ao cerebro da perda das súas funcións.

A reserva cognitiva, que non se pode medir directamente, pode calcularse a través de certos indicadores que aumentan a súa capacidade e, polo tanto, protexen da deterioración cognitiva e da enfermidade de Alzheimer, por exemplo.

O estudo, que foi publicado na revista Anales de Psicoloxía, traballou cunha mostra de 326 persoas maiores de 50 anos, 222 sans e 104 con deterioración cognitiva lixeira. Ao longo do estudo, os científicos mediron o seu nivel de vocabulario, os anos de escolarización, a complexidade do seu traballo e os seus hábitos de lectura. Tamén utilizaron o subtest de vocabulario Escala Wechsler de Inteligencia para Adultos e o test de vocabulario de imaxes Peabody.

"Centrámonos no nivel de vocabulario, tendo en conta que se considera un indicador da intelixencia cristalizada [o uso das habilidades intelectuais xa aprendidas]. O que pretendiamos era afondar na súa relación coa reserva cognitiva. Cunha análise de regresión, calculamos a probabilidade de que houbese deterioración en función do nivel de vocabulario que tiñan os participantes, declara a Sinc Cristina Lojo Seoane, coautora do estudo.

Os resultados mostraron unha maior prevalencia de deterioración cerebral nos participantes que obtiveron unha menor puntuación no seu nivel de vocabulario, o que, segundo os expertos, é un indicador clave de que canto maior nivel de vocabulario posuamos, máis protexidos estaremos fronte á deterioración cognitiva.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal