Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ergue a ollada do móbil dunha vez e espabila!
A medida que se fai máis sinxelo estar conectado co mundo, é cada vez máis frecuente estar só. Esa é a idea detrás de "Look up", que busca mostrar como a adicción ás pantallas afecta as relacións persoais. Ter centos de amigos en Facebook non é sinónimo de ser popular. En moitos casos pode equivaler a quedarse esperando un '"Me gusta" que quizais nunca chegue. Estar atado a Whatsapp durante unha reunión entre amigos non fai que esteamos en máis lugares ao mesmo tempo, senón, máis ben, leva a non estar en ningún.

Máis de 17 millóns de persoas miraron un vídeo en YouTube - "Look up"- que chama a reflexionar sobre como as novas tecnoloxías afectan as relacións cotiás, chegando a romper parellas ou impedindo que algunhas se formen. O responsable do video é Gary Turk, un escritor e director británico que chama a levantar a mirada da pantalla do celular e entaboar relacións directas cos cales nos rodean. A historia do vídeo mostra esceas cotiás, con homes e mulleres interactuando a través das redes sociais e sen sequera mirarse á cara por estar chateando dende o celular.

Mostra como tamén os máis pequenos non son capaces de divertirse sen unha tablet e o triste que resulta non velos xogar nun parque, ensuciarse... O relato inclúe unha conmovedora historia de amor nada dunha acción tan simple como preguntar unha dirección, algo que nunca tería sucedido se o protagonista se tivese deixado guiar ata o destino polo seu celular. A idea de Turk é mostrar que as persoas na actualidade se comunican mediante dispositivos en lugar de charlar, interactuar cos que nos rodean. Formula dunha forma acertada se a tecnoloxía fai que gocemos a vida ou todo o contrario. Bótalle unha ollada ao vídeo en inglés, concéntrate na rima das palabras e déixate levar polas imaxes. Entenderás TODO.

Ana Martínez Fernández, 2ºB de Bacharelato.
PREME NO VÍDEO Look UP
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal