Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nova xornada de enfrontamentos en Hong Kong con 26 detidos
Polo menos 26 persoas foron detidas e decenas resultaron feridas durante a noite do venres polos enfrontamentos mantidos entre manifestantes e as forzas de seguridade en Hong Kong, cando se cumpren tres semanas de protestas prodemocráticas na antiga colonia británica.

Os detidos foron acusados de asalto, danos, desorde pública, asalto a membros das forzas de seguridade, obstrución á autoridade e posesión de armas, segundo informaron as autoridades. Ademais, decenas de persoas resultaron feridas, das que 15 serían policías. Entre os arrestados encóntrase a xornalista Paula Bronstein, unha detención que foi criticada pola asociación de xornalistas local, que considerou que se trata dun intento por parte da Policía de «intimidar» aos xornalistas. As autoridades hongkonesas estimaron en 9.000 manifestantes os que se encontraban nas rúas de Mong Kok, preto do edificio gobernamental, nesta madrugada, sendo a primeira vez que a Policía ofrece unha cifra dos asistentes dende o comezo das protestas. Pouco despois de que a Policía despexase a zona tomada polos manifestantes en Mong Kok, máis de mil manifestantes regresaron á praza, enfrontándose ás forzas de seguridade, segundo informou o diario South China Morning Post na súa edición dixital.

Como resultado, os antidisturbios empregaron gas lacrimóxeno e porras para intentar expulsar aos asistentes á protesta, nun enfrontamento que provocou a detención de numerosos manifestantes.

Os recentes enfrontamentos entre manifestantes e forzas de seguridade en Hong Kong puxeron en perigo os pasos dados polo Goberno para continuar as conversacións cos manifestantes co obxectivo de poñer fin a tres semanas de protestas.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-10-2014 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal