Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O fenómeno Barbie
Quen non tivo unha Barbie cando era cativo ou quixo tela? É o fenómeno Barbie. A boneca de plástico máis coñecida e que aínda ten moita incidencia na poboación infantil.

Barbie foi creada por Ruth Handle en 1959, pola empresa estadounidense Mattel. Ata entón ten moita incidencia, como xa dixen, é a boneca máis popular e coa que todos xogamos nalgún momento.

Consolidada como a boneca predilecta de xeracións e xeracións de nenas, Barbie acumula ás súas costas un foco de numerosas controversias, demandas e parodias. Foi un exemplo a seguir para millóns de nenas e iso trouxo consecuencias.

Unha das principais críticas por excelencia é a superficialidade que irradia: “muller perfecta, cunha vida perfecta cun mozo perfecto”. Pero a perfección e a superficialidade só son, en realidade, a punta do iceberg do mundo Barbie. A anorexia é unha das eivas que perseguiron a este boneco nas últimas décadas.

O seu tamaño estándar dá, nunha muller real e de carne e óso, unha altura de 1,75 e unhas medidas de 91-46-84, lonxe claramente dun modelo saudable.

Estas soamente son algunhas das críticas que leva consigo un referente de infancia para moitas persoas, con isto soamente pretendo que pensedes no tema e saquedes as vosas propias conclusións.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal