Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os beneficios de bailar
O baile é un gran xeito para que a xente de todas as idades logre manterse en forma. Ademais de ser divertido, o baile ten moitos beneficios positivos para a saúde.

A danza axuda a mellorar a confianza. Cada vez que dominamos un novo paso de baile, experimentamos un aumento da confianza, ademais dun estado de ánimo elevado. Ese aumento da confianza é trasladado a todos os aspectos da vida.

De acordo cun estudo publicado no New England Journal of Medicine, o baile pode aumentar a memoria e previr a aparición da demencia a medida que envellecemos. A ciencia revela que o exercicio aeróbico pode reverter a perda de volume no hipocampo, a parte do cerebro que controla a memoria. O hipocampo encóllese de forma natural durante a idade adulta, o que a miúdo conduce a problemas de memoria e, ás veces, a demencia.

Durante séculos, os manuais de danza e outros escritos gabaron os beneficios do baile para a saúde, polo xeral como o exercicio físico. Agora, grazas a estudos, demostrouse que aumenta a túa intelixencia. A esencia da intelixencia é tomar decisións.

Hai moitos tipos de baile, soamente temos que atopar un que nos guste para poder sentir todos estes e outros moitos beneficios. Dende o meu punto de vista é unha das formas máis equilibradas de facer exercicio físico, pasalo ben e desconectar do resto do mundo e, polo tanto, desfacernos do estrés acumulado.

Atrévete a próbao! Non te arrepentirás!

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal