Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O progreso da selfie.

Despois de ser recoñecida como palabra do ano e de que o papa Francisco ou Barack Obama sucumbisen aos seus encantos, a selfie chega aos museos, e unha galería italiana propón aos seus visitantes retratarse nunha autofoto diante das pezas da súa colección. Así, a Galería Nacional de Arte Moderna (GNAM) de Roma lanza este mes unha nova iniciativa que invita ao público a inmortalizarse nunha autofoto fronte ás obras da colección, co fin de atraer aos mozos ao museo e difundir deste modo o seu patrimonio cultural.

A campaña, que nace baixo o nome #Selfiedautore e que durará ata o 6 de xaneiro de 2015, preséntase como un proxecto conxunto da Asociación de Amigos da Arte Moderna (AAAM) e a GNAM para promover fotografías creativas das obras da galería. Ademais, as 50 mellores fotografías das enviadas polos participantes serán empregadas para compoñer un vídeo que se publicará na canle da GNAM.

Todo isto leva consigo a propagación da arte por todo o mundo, facendo así que aumente o número de persoas interesadas en visitar museos e o recoñecemento dos autores das pezas expostas, e como podemos observar, sempre por medio das tecnoloxías que cada vez avanzan máis e máis.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-10-2014 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal