Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BARCELONA TÍNGUESE DE ROSA CONTRA O CANCRO DE MAMA.

Uns vinte edificios emblemáticos de Barcelona ilumináronse de rosa este sábado á tarde co motivo do Día internacional contra o Cancro de Mama que se celebra este domingo.
Entre estes edificios que se engadiron a campaña “Súmate al rosa”, impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC), está a Sagrada Familia, a casa Batlló, a torre Agbar, o concello de Barcelona, o Hard Rock Café, o Corte Inglés, e moitos outros.
A xerente da AECC, Ángela Sánchez, recordou que un 20% das mulleres que padecen esta enfermidade non sobreviven. Este ano, para reducir esa porcentaxe e concienciar á poboación da enfermidade, a AECC apostou por vender 10.000 gafas solidarias, o diñeiro destinarase á investigación da enfermidade.
E tamén farase este domingo a tradicional “Carreira da muller”, que xa ten todas as inscricións esgotadas. A competición encherá as rúas de Barcelona de mulleres que corren por unha mesma causa, a loita contra o cancro de mama.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-10-2014 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal