Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mas propón diluír a consulta nun proceso de participación cidadá.
O presidente da Generalitat, Artur Mas, recoñeceu o luns 13 de outubro ante os partidos que impulsaron a consulta soberanista do próximo 9 de novembro que a votación non pode celebrarse por falta de garantías legais e propúxolles a alternativa de organizar un proceso de participación cidadá para coñecer a opinión dos cataláns sobre o futuro político da comunidade.
O plan de Mas fundaméntase en sacarlle o máximo partido ós artigos que o Tribunal Constitucional non suspendeu da lei catalá de consultas. Fontes das formacións reunidas co presidente explicaron que o obxectivo sería celebrar o que a lei denomina “proceso participativo”, que se pode concretar de tres formas: enquisas, audiencias públicas e foros de participación.
Nun principio, ningunha destas modalidades prevé que haxa urnas na rúa e isto desgusta profundamente ós partidos soberanistas que ata agora apoiaron ó presidente catalán (CiU, Esquerra, Iniciativa e a CUP).

Lucía Vázquez Nóvoa,4º da ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-10-2014 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal