Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ébola: Teresa Romero
O día que Teresa Romero saia do seu cuarto, descubrirá todo o que lle estiveron a ocultar mentres se recuperaba. Unha nube de cámaras agarda xunto ao enreixado exterior do Hospital Carlos III de Madrid permanentemente dende o seu ingreso o pasado 6 de outubro. O seu rostro e o seu nome deron a volta ao mundo e xeraron todo tipo de reaccións ao outro lado.

Unha muller anónima, menudita, abríase camiño este xoves entre ese mar de cámaras de televisión con pasitos curtos. Levaba un montón de cartolinas de cores con firmas para "a campioa", unha carta de apoio dos traballadores dun hospital de Andorra e un poema de Mario Benedetti que trouxo no seu coche, acompañada polo seu can, ata as portas do centro sanitario. Era para Romero, a primeira -e, de momento polo menos, única- contaxiada por ébola en Europa.

A familia asegura que a auxiliar de enfermaría vive "nunha nube", allea a todo o que está a pasar fóra. Ignora o balbordo que xerou o seu caso, con voces crecentes que piden a dimisión dos xestores políticos -o conselleiro madrileño de Sanidade, Javier Rodríguez, e a ministra do ramo, Ana Mato- e que o seu marido, Javier Limón, abriu unha "cruzada" para esixir xustiza. El recibe moitas chamadas de avogados que se ofrecen a levar o caso. España está no foco mundial... E como guinda máis de 150 persoas en observación, catro delas pendentes de probas para descartar totalmente o contaxio.

Por non saber, segundo os seus achegados, Teresa Romero non sabe aínda que o seu can Excálibur morreu. O american stafford da parella foi sacrificado o 8 de outubro. Limón, que encabezou unha mobilización nas redes sociais durante os primeiros días de ingreso para evitar a súa morte, segue chorando cando se acorda do can. Confían en poder contarllo con axuda dunha psiquiatra.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-10-2014 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal