Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O dolmen que garda letras e arte
Nas vindeiras semanas acollerá un novo ciclo de actividades, esta vez literarias.
Dombate está vivo, máis ca nunca. Unha nova iniciativa para as vindeiras semanas contribúe a reforzar ese clima de actividade que se vén forxando dun tempo a esta parte, convertendo o dolmen dos dólmenes e o seu espazo en auditorio, en escenario, en sede de obradoiros e de literatura... Dombate das letras é o título desa nova programación que abranguerá dende o 26 deste mes ata mediados de novembro, e pola que irán pasado Xoán Babarro, Xabier P. Docampo, Ce Pantasma, Anxo Moure... Non faltará a presenza dos rapaces, o futuro de todo, que participarán nos distintos actos que se deseñaron.
A catedral do megalitismo galego é un dos principais puntos turísticos de Bergantiños e da Costa da Morte. Este verán estreou visitas nocturnas. Foron miles as persoas que durante estes últimos meses pasaron por alí, algo ao que contribuíron as actividades que acolleu o Centro Arqueolóxico. Poucos escenarios coma este, seguramente, había de ter o insigne violinista Casey Driessen, nin tampouco os artistas de Os sons do vento que pasan ou os artesáns de gaitas de palla que fixeron instrumentos en directo. Logo virían unha carreira popular ou varias sesións dedicadas ao patrimonio para os máis novos: entre outras, pintura megalítica, cerámica prehistórica, domesticación de plantas, caza... Dombate, o dolmen eterno ao que lle cantou o bardo Pondal, ten aínda moito que ensinar. Lendas, lembranzas...: ten miles de anos gardados.
Entre o 18 e o 24 de agosto celebrouse en Cabana a primeira edición do certame de cantería Vento de Pedra, por iniciativa do Concello. Esta idea pioneira reuniu a un bo número de artistas, de extenso e logrado currículo e chegados de diversos puntos de España. Durante eses días, déronlle vida ao bloque de granito que se lle deu a cada un, creando pezas que habían de estar vencelladas á tradición da Costa da Morte. Esas obras foron instaladas onte nos accesos a Dombate (dende que se pasa a cabina de seguridade ata o propio dolmen). Son 12 e poderán visitarse no mesmo horario en que está aberto o dolmen: non fai falta que sexa no tempo de visitas guiadas, senón xa dende que comeza o servizo de vixilancia. Dombate é letras e tamén arte.
As esculturas do certame «Vento de pedra»

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2014 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal