Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALICIA A PRÓXIMA VENECIA
Que Galicia é a próxima Venecia? Iso parece!!
Notouse na tarde do xoves, cando houbo moitos incidentes polo temporal.
Segundo nos informa o goberno, o 85% dos incidentes ocorreron en Vigo, xa que quedou case todo inundado. En Ourense houbo 27 desperfectos; na Coruña 15; e en Lugo 13.
O temporal pola choiva produciu un desprendemento de terra e rochas no noiro da estrada PO-552, que conecta Vigo e Tui, e obrigou a cortar un tramo da vía entre Baiona e A Guarda.
Tamén houbo que evacuar varios colexios, en especial o de Marín, polo desborde do río que transcorre máis próximo as súas instalacións. E houbo que suspender as clases en Vilanova de Arousa, e en Poio.
Vigo foi a principal localidade afectada, tendo o nivel vermello de alerta, por unhas inundacións provocadas polas intensas choivas que se rexistran dende primeira hora da mañá do xoves, que fixeron colas de tráfico en varios puntos da cidade. Deste xeito, tamén houbo problemas de subministración eléctrica que obrigaron a paralizar a actividade na factoría de PSA Peugeot Citroën.
A culpabel de esta situación é a potente e profunda borrasca que temos no Oceáno Atlántico norte e que estara enviando frontes durante toda a semana.


Como ben se pode ver na foto, o Estadio de Balaídos, tamen sufriu desperfectos polo mal tempo.
Solo decirvos que como di o dito: “Ao mal tempo, boa cara.”
Asique xa sabedes, a disfrutar do outono, que se non disfruta él de nós.

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2014 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal