Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Esmorga en pantalla.

A Esmorga será preestreada o vindeiro 15 de novembro, no Festival de Cine Internacional de Ourense, cidade que foi escenario da rodaxe e marco da novela de Blanco Amor que Ignacio Vilar leva agora á pantalla grande. Seis días despois, o 21 de novembro, chegará ao público nas salas comerciais do país mais, até que iso aconteza, toda a información sobre a película estará ao dispor na páxina web www.aesmorgafilme.com.

Catro anos de preparación e un de busca de localizacións, fan do filme un proxecto de longo percorrido que Ignacio Vilar pon en circulación o día 21 con 50 copias, 25 en formato cine e 25 en formato blue ray. Informan de que os carteis chegaron xa ás salas de cine, creando ambiente para a pronta estrea dunha das poucas películas que se proxectará en pantallas comerciais e que foi gravada en galego.

Os protagonistas serán representadas por, nin máis nin menos, que Miguel de Lira (como “Cibrán”), que actuou en Mareas Vivas ou na famosa película “No habrá paz para los malvados” por nombrar só algúns dos seus destacados traballos; Karra Elejalde (como “O Bocas”) recoñecido sobre todo por aparecer na exitosa película de este ano “8 Apellidos Vascos” como pai da protagonista; e Antonio Durán ‘Morris’ (como “O Milhomes), coñecido polos seus papeis en Pratos convinados, La que se avecina, Los Serrano ou Los Hombres de Paco entre moitas outras.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 18-10-2014 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal