Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A redada da Pedra remata con 80 imputados e 53 comercios pechados.
O maior e máis importante golpe policial contra a venda de roupa falsificada e contrabando de tabaco desenvolvido neste mercado situado no epicentro turístico de Vigo, a Operación Cuarzo, non só ten o seu reflexo no espectacular despregamento de practicamente un centenar de efectivos policiais que este mércores tomaron o Casco Lanuxe. Tamén no número de imputados, que fontes xudiciais situaron en torno a 80, e no de comercios que se clausuraron temporalmente, cuxa cifra é de polo menos 53, segundo o auto xudicial que o mesmo día do operativo ditou a xuíz instrutora: son seis almacéns -dous situados na rúa Cárcere Vella-, 36 postos do propio mercado da Pedra, outros cinco locais tamén destas instalacións e seis bazares. Ata o momento só se permitiu a reapertura dunha xoiaría ao comprobarse, segundo as fontes citadas, que non había mercadoría falsificada.

Sandra Tornero Belloso, 1ºde Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2014 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal