Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALEGOS CON CARNÉS PARA DRONES
Esta semana a provocadora entrada dun dron portando unha bandeira albanesa nun partido entre Serbia e Albania obrigou a suspender o encontro. En Galicia facer iso nun derby entre o Celta e o Deportivo está prohibido. A razón é o real decreto aprobado en xullo que regula o uso deses aparatos electrónicos en España e impide a súa utilización en lugares onde haxa aglomeración de xente ao aire libre ou sobre cidades.

Non acontece o mesmo en espazos pechados. Aí poderían voar no caso de que o responsable da instalación en cuestión dese luz verde para facelo. Pero a norma non queda aí. Tamén obriga a todo aquel que queira pilotar os devanditos aparatos para uso civil a ter un carné. Polo tanto, o que han de facer é achegar os documentos de acordo co peso do aparato.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2014 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal