Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non queda outra...
Sorrí. Sorrí porque non queda outra opción e ben o sabes. Que o amor doe, os amigos fallan, os achegados vanse e déixannos, o destino interrompe as nosas vidas, o pesimismo entúrbanos... Pero o seu contrario dános forza. Decatémonos de que os cans seguen ladrando, as follas seguen a caer en outono, quizá neve en inverno, as plantas florecen coa primavera e o sol segue ofrecendo a súa calor en verán. A vida segue, con todos os seus “peros”, coas malas épocas, que veñen e van, cos seus rexeitamentos e as súas barreiras, pero vida só temos unha e é a que nos tocou vivir. Aquí e agora. Sorrí porque non necesitas máis receita que un pouquiño de esperanza e ilusión mesturadas coas ganas de lograr para conseguir todo o que te propoñas. Sorrí porque tes mil motivos e no fondo sábelo, o mundo segue xirando a miles de quilómetros por segundo e miles de desgrazas acontecen aí fóra. Sorrí porque o teu sorriso pode namorar, porque non temos máis deber que ser felices e facer feliz ao resto, que o noso maior temor é non encaixar, que temos unha forza desmesurada, é a nosa luz non a nosa escuridade o que máis nos asusta, empequenecerse non axuda ao mundo. Todos deberiamos brillar como o fan os nenos e ao deixar brillar a nosa propia luz inconscientemente damos permiso a outros para facer o mesmo, ao liberar o noso propio medo a nosa presenza libera automaticamente a outros. Xa o dixo Pablo Neruda: "Poderán cortar todas as flores pero non poderán deter a primavera". Sorride porque nunca dixeron que a vida fose doada, intentarán facernos tropezar mil veces pero tócanos levantarnos mil e unha. Malia todo xa non espero que pase a tormenta, aprendín a camiñar baixo a chuvia.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal