Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ENGANO DO ''WHATSAPP OURO''

Os estafadores tratan de aproveitar o nome da app, máis alá das súas alternativas, para sacar diñeiro. Promete fondos e emoticonos exclusivos, pero o único que trae consigo é unha factura mensual. O 'Whatsapp Edición Ouro' é a nova estafa que se está a propagar polas redes sociais.

Se se clica no enlace para proceder á súa descarga, aparecerá unha ventá na que se pide o número de teléfono do usuario: 'Por verificación', especifica. Unha vez enchido o campo, o titular terase subscrito a un servizo de mensaxería de pagamento. Seguindo estes pasos, o usuario subscríbese a un servizo de mensaxería instantánea. Whatsapp Edición Ouro cobraralle 1,45 euros por cada SMS que lle envíen, ata un máximo de 36,25 euros mensuais.

Un cebo doado xa que, segundo o barómetro do CIS, un 96,4% dos españois xa utiliza esta aplicación de mensaxería instantánea. É por iso que a Policía Nacional e a Garda Civil xa alertaron do engano a través dos seus perfís nas redes sociais. Os que aínda así caian na trampa, supostamente poden darse de baixa a través dunha mensaxe de texto ou chamando a un número de atención ao cliente.
¡NON PIQUES!

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal