Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMENDO LIBROS

O delegado provincial de Cultura, Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) Xoán Costa presentaron o novo programa no Museo Provincial, sede da semana. Mario Outeiro animou “a todas as familias a participar nestas actividades abertas”. Xoán Costa explicou que o obxectivo principal das xornadas é “motivar aos nenos e nenas, abrirlles a curiosidade nos libros que faga que no futuro teñamos unha sociedade de lectores e lectoras”.

O coro infantil do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo abrirá o programa o día 19 ás 12.30 horas e, xa desde a segunda feira até a sexta o Museo Provincial abrirá as súas portas todas as tardes ás actividades da Semana que terán o seu inicio ás 18.30 horas. Andrea Bayer con “Comendo Contos”, o mago Martín Camiño con “Contos de maxia”, o achegamento a culturas e gastronomías distintas por medio dos contos de Oqo, os “Contos como rosquillas” de Soledad Felloza e o Matapiollos Teatro coa obra “Comelibros” serán as propostas para cada un dos días da semana. A clausura do programa desenvolverase o sábado ás 12.30 horas co contacontos teatrais Trinketrinke e as súas “Aventuras na cociña” coas ratas Avoa Violeta e Lilí Gruyére como protagonistas.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-10-2014 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal