Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ANTONIO HERNÁNDEZ: PREMIO NACIONAL DE POESÍA
Antonio Hernández resultou galardoado co Premio Nacional de Poesía polo seu poemario Nova York después de muerto, unha obra "totalizadora, arriscada e comprometida que recolle a herdanza literaria", segundo o xurado, que destaca tamén que é "un libro que rehumaniza e salva do esquecemento". O galardón, que está dotado con 20.000 euros, recoñece a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada no ano 2013.

Nacido en Arcos da Fronteira (Cádiz) en 1943, Antonio Hernández xa obtivo este ano o premio Nacional da Crítica española con este mesmo poemario. "Séntome igual que Rafael Chirbes, un estupendo escritor ao que admiro, porque eu tamén gañei este ano o da Crítica e o Nacional, e como a poesía é a irmá bela e pobre de toda a literatura faime moita ilusión", explicou o poeta.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal