Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PROTESTA POLO SACRIFICIO DE EXCALIBUR
O xoves día 9 pola tarde producíase o sacrificio de Excalibur, o can de Teresa Romero, a enfermeira infectada polo virus do ébola. Según a Consellería de Sanidade a decisión do sacrificio debeuse ao "estreito e permanente" contacto coa paciente afectada polo virus e, de acordo cós descubrimentos científicos dispoñibles, "supón un posible risco de transmisión da enfermidade ao home".

Ese mesmo día, dende a mañá até á tarde, numerosas persoas manifestáronse diante da casa dos afectados polo mortal virus, obrigando a máis de trinta axentes da Policía Local e Nacional a custodiar a vivenda.

Pero onde maior relevancia tiveron estas protestas foi nas redes sociais. Dende o día anterior cando se informou da decisión de sacrificar ó can, máis de 300.000 persoas firmaron para tratar de impedilo. Ademáis, #SalvemosaExcalibur convertíuse en Trending Topic mundial e diversas celebridades (Carlos Bardem, a cantante Alaska e o presentador Jorge Javier Vázquez entre outros) apoiaron tamén esta causa.

Este feito tamén fixo que numerosas persoas se sorprenderán deste inmenso apoio a un can, cando en Serra Leoa morren máis de 120 persoas cada día, preguntándose que vale máis, se a vida dun can ou as mortes diarias de deceas de persoas.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal