Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O IPHONE 6 POLA MIÑA CASA!

Un home de Detroit, Estados Unidos, ofreceu a súa casa a cambio de obter o IPhone 6, o último dispositivo que sacou Apple ao mercado. Segundo informou a cadea de noticias Fox 2, o dono da casa tivo dificultades para vender a propiedade. O reporteiro, incrédulo, pregúntalle a Else -que representa o dono da casa- se é unha broma. O axente asegura que é real. "O meu cliente encóntrase no estranxeiro e díxome que está disposto a comerciar a propiedade a cambio dun iPhone 6. Creo que quere a versión do iPhone 6 Plus, pero está disposto a negociar".

A casa foi valorada inicialmente en 5.000 dólares, pero na actualidade no mercado está en 3.000 dólares. Conta con tres dormitorios, un soto rematado e un garaxe para dous coches, aínda que necesita reparacións. Else agregou que o dono da casa podería mesmo negociar a propiedade por un iPad de 32 GB.

Hai que estar realmente obsesionado para estar disposto a facer iso a cambio dun móvil; está claro que hoxe en día o que move a humanidade son as novas tecnoloxías, e nun futuro, serán elas as que manden sobre nós e os dispositivos móviles terán máis que controlados os seus donos. A evolución das tecnoloxías vai máis que rápido.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal