Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESASTRE NAS COSTAS IRLANDESAS
Catro baleas piloto apareceron hoxe mortas nunha praia do condado de Donegal, no noroeste de Irlanda, onde un grupo de activistas locais lograron salvar a vida doutras nove e devolvelas ao mar.

En torno a un centenar de persoas participaron nos labores de rescate dun grupo destes cetáceos que quedou varado na area da praia de Ballyness, na localidade de Falcarragh  deste remoto condado irlandés.

Unha das baleas que foi rescatada con éxito presentaba inflamacións e inchazóns no pel, o que suxire que puido enfermar e, no seu empeño por chegar ata augas pouco profundas, arrastrou tamén ao resto do grupo.
O Grupo Irlandés de Golfiños e Baleas (IWDG, nas súas siglas en inglés) dixo que o incidente de hoxe é o décimo terceiro que se rexistra no condado de Donegal durante este ano.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal