Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nadal, eterno
Deste material están feitas as lendas. Cando Rafael Nadal celebra 3-6, 7-5, 6-2 e 6-4 o seu noveno Roland Garros, supera ao temible Novak Djokovic e a unha e mil barreiras feitas de dor, penalidades e sufrimento: doído nas costas e cun xeonllo dándolle sustos na manga decisiva, o español é capaz de igualar con Pete Sampras como segundo tenista con máis títulos da máxima categoría (14, polos 17 de Roger Federer) remontando por primeira vez dende 2009 ao mesmo Nole. O título permite ao mallorquino continuar como número un. O trofeo, ademais, coróao como o epítome dos mellores valores do deporte. O seu reino de terra, finalmente, catapúltao aos 28 anos como o único tenista que foi capaz de gañar trofeos do Grand Slam 10 anos seguidos. Todo, apertando os dentes e deixándose a alma sobre a pista: Djokovic chegou a remontar un break de desvantaxe no parcial decisivo.

"Síntoo moito Novak, es o maior reto da miña carreira", acertou a dicir o gañador aínda sobre a pista. "Isto é moi importante para min, moitas grazas a todos", pechou. "Felicidades Rafa. É incrible que gañases este torneo por novena vez", continuoulle o derrotado, que non puido completar o Grand Slam. "Usei toda a miña forza, a miña capacidade, pero Rafa foi mellor".

Nadal coroa a súa peor xira de arxila co título máis importante. Aos 28 anos, e tras disputar a final nos dous primeiros grandes do curso, demostra que a súa raqueta é pasado, presente e sobre todo futuro: o seu destino é a lenda.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-06-2014 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal