Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O quilómetro vertical do Courel
O nome da ruta vén dado polo seu comezo no pobo de Ferreirós de Abaixo e salvar un desnivel dun quilómetro de altura, o que lle dá un carácter único en Galicia.

Seis meses despois da súa apertura, a ruta de sendeirismo do pico de Penaboa -considerada como a máis dura de Galicia- non deixa de gañar popularidade e fíxose un sitio entre os principais atractivos da serra do Courel. O itinerario foi aberto por iniciativa de Orlando Gregorio Álvarez, membro da asociación ecoloxista SOS Courel. A tarefa quedou rematada en novembro e desde entón a ruta atraeu a numerosos afeccionados ao sendeirismo e ao montañismo.

A responsable do albergue turístico municipal de Folgoso, Ana Marta Arza, sinala que a nova ruta notouse entre os clientes que pasan polo aloxamento. "Hai bastante xente que vén expresamente para percorrela e hai outros que preguntan por ela aínda que de momento non teñan previsto facelo", explica. Por agora, a maioría dos visitantes que se interesan por este itinerario proceden de diversas localidades de Galicia, aínda que tamén empezan a chegar de fóra da comunidade.

A crecente popularidade da ruta de Penaboa nótase especialmente en Internet. No portal especializado Wikiloc publicáronse ata agora dezaseis rutas sinalizadas con coordenadas de GPS que indican como percorrer o camiño. O itinerario tamén está descrito na web Guía xuvenil do Courel. Doutra banda, un bo número de afeccionados que xa percorreron a ruta foron publicando durante os últimos meses vídeos e fotografías en YouTube e Facebook.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-06-2014 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal